1ª Av.


Imaxe vía Xibarda.
Imaxe vía Xibarda.
POSIBLES CUESTIÓNS DA PROBA


-Dado un tema, realiza o esquema dunha redacción con todas as súas partes.

-Escribe unha oración con cada unha das seguintes palabras. Non esquezas que as túas oracións deben cumprir os 3 requisitos que utilizamos sempre: lonxitude de mínimo dez palabras sen contar os artigos; tense que poder deducir pola oración que coñeces o significado da palabra en cuestión; o rexistro debe ser formal, debe ser un enunciado que poida aparecer publicado nun xornal.

-Preguntas de teoría.

-Dada unha definición ou un sinónimo, escribe a palabra correspondente.

-Acentúa o seguinte texto.

-Acentúa as seguintes oracións e xustifica a presenza ou ausencia de acento gráfico nas palabras subliñadas.
-Coloca os signos de puntuación que faltan.
-Transforma palabras ou oracións cambiándolles o xénero e/ou o número.




LÉXICO

-Campo semántico das emocións e sentimentos (pp. 14-15)

-Campo semántico dos antropónimos (pp. 42-43)
-Campo semántico do tempo atmosférico (no libro de texto)
-O teu nome e os teus apelidos.

-Campo semántico das partes do corpo (no blog da materia)

-Palabra do día ata o domingo 30 de novembro (no Portal dasPalabras)

-Léxico da aula (recompilado no caderno individual da materia)



TEORÍA

-O alfabeto.

-Acentuación (pp.18-19, 46).

-Que é a Onomástica?

É a parte da lingüística que estuda os nomes propios.

-Que é a Antroponimia?

É a rama da Onomástica que estuda os nomes propios e os apelidos das persoas.

-Que é un alcume?

Denominación pola que é coñecida unha persoa que non é o seu nome propio.

-Que é un hipocorístico?

É a variante familiar dun nome.

-Indica cinco tipos de apelidos e sinala como mínimo un exemplo de cada un deles.

Patronímicos: proceden do nome do pai (p.ex. López)

Toponímicos: proceden dun nome de lugar (p.ex. Docampo)

De oficio ou profesión (p.ex. Ferreiro)

De alcumes (p.ex. Roxo)

Do mundo vexetal e animal (p.ex. Carballo, Raposo)
-Sinala 4 tipos de antropónimos?

Nome

Hipocorístico

Alcume

Apelido

* Xa se indicou na aula todo o contido do libro de texto que pode formar parte da proba de avaliación.


3 comentarios:

  1. Pilar cando vas poñer o que entra no esame?eque queremos comezar a estudar,dado as notas do esame pasado

    ResponderEliminar
  2. Xa teriades que ter comezado a estudar dende que comezou o curso.
    Ademais, xa todas as clases saben o que entra no exame porque se repasou na aula.
    De todos os xeitos, déixoo aquí igual.
    Saúdos.

    ResponderEliminar