mércores, 1 de xullo de 2015

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA - SETEMBRO 2015


En setembro haberá unha proba extraordinaria que, como tal, está enfocada a comprobar se o alumnado reúne os requisitos mínimos para superar a materia. É por isto que se incidirá nesa proba en aprendizaxes básicas vistas con dedicación durante o curso e que xa o alumnado coñece.
A continuación ofrécese unha pequena enumeración delas:

  • Acentuación (acentuar e xustificar acentuación).
  • Puntuación (utilizar de forma axeitada e variada os signos de puntuación).
  • O xénero e o número.
  • Léxico (todos os bloques de léxico do libro + corpo humano).
  • Teoría da literatura popular e esquema I da literatura medieval.
  • Realización dun esquema numerado e xerarquizado.
  • Realización dun esquema para unha redacción.
  • Teoría lingüística vista durante o curso.

Lémbrase que o alumnado que non superase a lectura dalgunha das obras obrigatorias en xuño deberá presentarse á proba de lectura en setembro. Para a proba extraordinaria de xuño xa cada alumna e alumno foi informado individualmente da súa situación a este respecto.

Bo verán!

luns, 22 de xuño de 2015

Aviso para o alumnado coa materia suspensa en xuño


Proximamente publicaranse neste blog instrucións para a superación da materia na convocatoria extraordinaria de setembro.

xoves, 28 de maio de 2015

Aviso para o exame do luns 1 de xuño




Debido á miña demora esta semana, finalmente NON ENTRARÁN no exame do luns os seguintes contidos:

- Segundo esquema de literatura.
- Ortografía dos temas 11 e 12.




martes, 19 de maio de 2015

Fío de conversa

Imaxe de aquí.

 Por favor, seguide sempre o mesmo fío de conversa e non creedes unha conversa nova en cada entrega, iso obrígame a buscar todos os vosos correos para saber en que fase do traballo imos.
Lembrade, sempre contestando ao meu correo anterior.
Grazas!

domingo, 17 de maio de 2015

PALABRA MODELO E CUESTIÓNS PROBLEMÁTICAS

De seguido veredes unha palabra ben feita realizada por dúas alumnas de 3ESO que só teñen pendente modificar a imaxe por outra máis grande.
A continuación tedes destacados os principais puntos nos que estades a ter problemas na entrega dos traballos



ACOUGO

Definición:
Substantivo masculino
Estado de quen está tranquilo física ou moralmente.
Non ten acougo entre tantas preocupacións.

Orixe:
Esta palabra deriva de acougar, que ten orixe latina, ben no verbo cubare 'asentar', ben en collocare 'poñer unha cousa no seu lugar', engadíndolles o prefixo ad.

Usos na actualidade:
A palabra “acougo” tamén se utiliza en sentido figurado como estado do que non se move ou parece que non se move (p.ex. Observaba desde as rochas o mar sen acougo) ou co significado de parada no traballo (exemplo: a noite é tempo de acougo).

Frases feitas:
Non acougar en ningures/non ter acougo: non ter descanso.
NOTA: estas frases feitas refírense ao significado de “parada no traballo”, non ao de “estado de quen está tranquilo física ou moralmente).

Familia léxica:
acougar, desacougadamente, desacougado/a, desacougante, desacougar, desacougarse, desacougo

Sinónimos:
alivio, calma, descanso, sosego, tranquilidade

Antónimos:
desacougo, desasosego, inquietude

Palabra noutros idiomas:
Castelán: tranquilidad
Catalán: tranquil•litat
Éuscaro: laisatasun
Francés: tranquilité
Inglés: calmness
Portugués: acougo

Curiosidades:
As ondas Alfa son ondas cerebrais que xunto coas ondas Beta, Theta e Delta forman parte das respostas eléctricas do noso cerebro. De entre estas catro, as ondas Alfa son quizais as máis desexables de ter na nosa actividade cerebral, porque se comprobou que cando o cerebro se atopa en estado de tranquilidade e paz, especialmente nese momento antes de durmir, se xeran ondas Alfa.



ALGUNHAS CUESTIÓNS DE AXUDA

Tipo de letra: Arial
Tamaño: 20 (no título), 14 (na palabra), 12 (no resto)
Estilo: en negra (TÍTULO DO TRABALLO, PALABRA e Título de sección), o resto en redonda.

Cando hai varios autores sóense colocar os seus nomes por orde alfabética do apelido.

As seccións irán precedidas de liña en branco e seguidas de dous puntos. Comezarase a escribir o seu contido debaixo do nome da sección.

Definición:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas:
Castelán:
Catalán:
Éuscaro:
Francés:
Inglés:
Portugués:
Curiosidades:

* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.

Definición:
Na definición simplemente tedes que copiar a do dicionario da RAG que podedes consultar na web da RAG ou no Portal das Palabras.

Refráns:
Para atopar refráns podemos buscar no Refraneiro Galego de Taboada Chivite facendo unha procura pola palabra que queremos atopar.

Familia léxica:
Para atopar a familia léxica dunha palabra temos que facer unha busca avanzada no dicionario.
Imos ao apartado contén da busca avanzada e alí escribimos o lexema da palabra p.ex. para buscar a familia léxica da palabra “acougo” escribiriamos o lexema “acoug” e como resultado veriamos as palabras que conteñen esa secuencia. Hai que ter en conta que nalgúns casos tamén nos poden aparecer palabras doutras familias léxicas que non teñan nada que ver. Deberemos ser nós os que seleccionemos as correctas.

Palabra noutros idiomas:
Fixádevos que a palabra noutros idiomas vai en redonda o idioma seguido e dous puntos e logo a palabra en cursiva.

Curiosidades:
Todas as palabras deben ter apartado de curiosidades, é aquí onde deberedes investigar ata dar con información que relacione a vosa palabra con outras cuestións de interese.

luns, 11 de maio de 2015

Literatura galego-portuguesa medieval. Esquemas para completar II


  Completa a numeración e o texto cando sexa preciso.

5. LÍRICA AMOROSA
5.1. AS CANTIGAS DE AMIGO
DEFINICIÓN: xxx.
CARACTERÍSTICAS
A voz feminina: xxx.
Orixe: xxx.
Marca xenérica: xxx.
Interlocutores:
TIPOS SEGUNDO O SEU TEMA
xxx ou barcarolas: teñen como escenario o mar co que ás veces conversa a protagonista.
xxx: o escenario é un lugar de culto (xxx, capela ou xxx) onde vai a amiga a reunirse co amigo.
xxx ou xxx: teñen lugar ao amencer.
RECURSOS FORMAIS
Débense a:
Finalidade: son utilizados para xxx.
Paralelismo: xxx.
Leixaprén: xxx.
Refrán: xxx.
5.2. AS CANTIGAS DE AMOR
DEFINICIÓN: xxx.
CARACTERÍSTICAS
Orixe: xxx.
A dama ou senhor: xxx.
O amante: xxx.
Destinatario: pode ser a xxx, os xxx, Deus ou xxx.
TEMAS:
O eloxio da dama: xxx.
O xxx.
A xxx: xxx.
A xxx de amor: provoca xxx ou mesmo a xxx por amor.
TIPOS SEGUNDO A SÚA FORMA
Cantigas de xxx: xxx.
Cantigas de xxx: non teñen refrán, achéganse máis á cançó provenzal.
RECURSOS FORMAIS
Dobre: xxx.
xxx: xxx.
Fiinda: xxx.
xxx: xxx.
6. LÍRICA SATÍRICA
6.1. CANTIGAS DE ESCARNIO
6.2. CANTIGAS DE MALDICIR
6.3. TIPOS DE SÁTIRA
Política: xxx.
xxx: ridiculízanse diferentes clases sociais, sobre todo os infanzóns.
De costumes: xxx.
xxx: xxx.
De temática sexual: xxx.
xxx: xxx.
6.4. RECURSOS FORMAIS
Seguen os modelos das cantigas xxx.
Dous recursos propios  da temática satírica: a xxx e o xxx.
Léxico moi xxx e xxx a través do que podemos coñecer como vivían na época.
7. LÍRICA RELIXIOSA
CANTIGAS DE SANTA MARÍA
DEFINICIÓN: son xxx en honra xxx que relatan xxx realizados pola Virxe.
AUTORÍA: foron escritas xxx.
TIPOS SEGUNDO A ESTRUTURA
Cantigas xxx: xxx.
Cantigas líricas: xxx.


C - A PROSA
1. TIPOS DE PROSA
1.1. xxx: xxx.
1.2. Prosa non narrativa: xxx.
2. PROSA DE FICCIÓN
2.1. TIPOS SEGUNDO A SÚA TEMÁTICA
2.1.1. Ciclo xxx: xxx.
2.1.2. Ciclo xxx, xxx ou xxx: xxx.
2.1.3. xxx: narración dos milagres de Apóstolo Santiago, é a versión en galego dunha obra latina.
2.2. PROSA NON NARRATIVA
2.2.1. Prosa xxx: conxunto de narracións históricas onde podemos sinalar xxx e xxx.
2.2.2. Prosa xxx e xxx: ordenanzas municipais, regulamento de gremios e tratados de medicina e albeitaría.

sábado, 9 de maio de 2015

Setestrelo - normas de entrega simplificadas


Como hai alumnado que está a ter problemas coas entregas imos simplificar aínda máis o procedemento.
Para isto imos ver un exemplo de entrega para un setestrelo que ten como título Mamíferos dunha alumna de 4A que vai facer as seguintes palabras: can, gato, mono, vaca, elefante, cabalo, porco.



Os correos hainos que enviar ao enderezo: 
pilarponteclases@gmail.com

O asunto dos correos ten que ser:

curso_títulodosetestrelosenacentos

4A_mamiferos

Hai que enviar 2 correos:
1º correo para solicitar as palabras do setestrelo.
Chégache unha resposta dicíndoche as palabras que tes adxudicadas para poder continuar.

2º correo para entregar o setestrelo.

O nome do arquivo de texto .doc con todo o setestrelo ten que ser:

curso_títulodosetestrelosenacentos.doc

4A_mamiferos.doc


O nome do arquivo .jpg da imaxe da introdución ten que ser:

curso_títulodosetestrelosenacentos_intro.jpg

4A_mamiferos_intro.jpg


O nome dos 7 arquivos das palabras ten que ser:

nomedapalabra.jpg

can.jpg

gato.jpg

mono.jpg

vaca.jpg

elefante.jpg

cabalo.jpg

porco.jpg


Chégache unha resposta co setestrelo corrixido para que poidas continuar e gravalo en vídeo.


Gravas en vídeo en formato .avi ou .mov a introdución e as 7 palabras por separado.
O nome do vídeo de cada palabra ten que ser:
nomedapalabra.avi
can.avi

gato.avi

mono.avi

vaca.avi

elefante.avi

cabalo.avi

porco.avi

Despois cun programa de edición de vídeo unes nun único arquivo a introdución e as sete palabras para formar o teu setestrelo, o seu nome ten que ser:
nomedosetestrelo.avi
mamiferos.avi
A continuación copias nun pendrive os 8 arquivos de vídeo, o do setestrelo e os das 7 palabras.
1 nomedosetestrelo.avi + 7 nomedapalabra.avi
No caso da nosa alumna do exemplo tería que gardar os seguintes arquivos:
mamiferos.avi 
can.avi

gato.avi

mono.avi

vaca.avi

elefante.avi

cabalo.avi

porco.avi
Para rematar, copias os 8 arquivos no ordenador da túa aula na carpeta do escritorio co nome Unha nube chea de palabras ata o día 18 de maio.
 
Se seguides as instrucións paso a paso non haberá ningún problema.



Saúdos e ánimo.

xoves, 7 de maio de 2015

Setestrelo - un achegamento diferente ás palabras

Déixovos aquí unha presentación que vos pode axudar a realizar un setestrelo máis completo e de maior calidade. 

luns, 20 de abril de 2015

SETESTRELO


Que é un setestrelo?
É un conxunto de sete palabras especiais que se relacionan entre si e dan en brillar coma o Setestrelo (as 7 grandes das Pléiades), cada unha delas ou o seu conxunto.

Que ten que ter o noso setestrelo?
O noso setestrelo ten que ter: 1 PORTADA + 7 PALABRAS
1 PORTADA: cun texto de introdución ao setestrelo
7 PALABRAS: que brillen dentro do seu conxunto, que polo motivo que sexa, merezan ser coñecidas.

Como ten que ser a portada?
Na portada deben aparecer 1 texto de introdución e 1 imaxe.
O texto introdutorio debe ter unha extensión entre 1500 e 2000 caracteres, é importante poñer en relación o noso setestrelo coa realidade (cunha noticia ou acontecemento acto actual, coa vida cotiá das persoas, etc.).
A imaxe ten que estar libre de dereitos, isto é, ten que ter licenza compartida Creative Commons.

Que ten que aparecer en cada palabra?
Todas as palabras tanto do setestrelo como do dicionario visual van ter a mesma estrutura.
Imaxe: 
Definición:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas: castelán, catalán, éuscaro, francés, inglés, portugués.
Curiosidades:

* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.
* O setestrelo terá dúas publicacións, unha textual en web e outra en vídeo.
* O setestrelo deberá estar completamente rematado para o luns 18 de maio.

luns, 6 de abril de 2015

Instrucións para o 7 de abril para 3C e 3B






- Completar o esquema I da Literatura galego-portuguesa medieval que atoparás aquí neste blog.
- Apartado de vocabulario do tema 6 (páxs. 142-143).

Estes traballos deberán estar realizados o xoves 9 de abril.

Literatura galego-portuguesa medieval - esquemas para completar I

CLICA NA IMAXE DÚAS VECES PARA AGRANDAR

martes, 10 de febreiro de 2015

+ Actividades que debedes realizar (actividades para martes e mércores)

Exercicios do libro de texto (no caso de que o alumnado non teña na aula o libro de texto correspondente, haberá que facerlle fotocopias):
*páxs. 100-101
*páxs. 118-119
páxs. 146 (todos)-147 (ex. 2-3) 

*O que non dea tempo na aula rematarase na casa.

domingo, 8 de febreiro de 2015

Lendo Made in Galiza 2 e outras cuestións (actividades para o luns)

Realizade as seguintes actividades en grupo e individuais do blog Lendo Made in Galiza (clica nos números das actividades para ir directamente a elas):

En grupo - Actividade 27: divididos en 5 grupos de 4 persoas, a cada grupo corresponderanlle 3 características. Tedes que decidir como demostraredes no vídeo cada unha das características.

20, 21, 26

96, 97, 98, 99, 101

133

158

242, 243, 244

O seguinte obxectivo de lectura será rematar o libro para o luns 23 de febreiro.

domingo, 18 de xaneiro de 2015

luns, 12 de xaneiro de 2015

As palabras do atentado de París

Taboleiro do alumnado de 3ESOA co vocabulario que segundo eles resume o acontecido en París.


xoves, 8 de xaneiro de 2015

2ª Avaliación: Nós somos Charlie


Comezamos a segunda avaliación falando atrapados pola noticia do atentado de París.
Despois de nos informar, debatemos sobre cuestións como:
- a orixe do conflito
- a liberdade de expresión
- o dereito a vingarse
- a emisión de imaxes que poden ferir a sensibilidade das persoas
E por último faremos unha columna de opinión para traballar a argumentación e afondar no que cada un de nós pensa sobre todas estas cuestións.